De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 29 de xullo de 2026 do proxecto de ampliación de explotación de gando vacún de leite no lugar do Bidueiro, na parroquia de Nodar, no concello de Friol (Lugo), promovido por SAT Os Carrís 1253 Xuga.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2026
María José Echevarría Moreno
Directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
