A representación da titularidade do centro privado (CPR) Castelao, da Coruña, solicita a autorización para impartir, na modalidade semipresencial/distancia, o ciclo formativo de grao superior (CS) Educación infantil, CS Integración social, CS Márketing e publicidade e o CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas.
Conforme a Orde do 25 de abril de 2023 (DOG do 8 de maio), o centro conta coa autorización para impartir o CS Educación infantil, CS Integración social, CS Márketing e publicidade e o CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas, na modalidade presencial.
Logo de tramitar o expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo 1. Modificación da autorización
Modificar a autorización do CPR Castelao, da Coruña, para impartir o CS Educación infantil, CS Integración social, CS Márketing e publicidade e o CS Desenvolvemento de aplicacións informáticas, na modalidade semipresencial/distancia. O centro queda configurado como se sinala a seguir:
Denominación xenérica: centro privado (CPR).
Denominación específica: Castelao.
Código do centro: 15032005.
Domicilio: r/ Sinforiano López, 43.
Localidade: A Coruña.
Concello: A Coruña.
Provincia: A Coruña.
Titular: Mª Carmen e Mª Concepción Amor Alonso.
Composición resultante:
Modalidade: presencial.
• 1 CS Educación infantil (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• 1 CS Integración social (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
• 1 CS Márketing e publicidade (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).
Modalidade semipresencial/distancia.
• 1 CS Educación infantil (50 postos escolares).
• 1 CS Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma (50 postos escolares).
• 1 CS Integración social (50 postos escolares).
• 1 CS Márketing e publicidade (50 postos escolares).
Artigo 2. Ordenación académica
1. Ás ensinanzas autorizadas no artigo 1 desta orde na modalidade semipresencial/distancia, aplicaráselles, en canto sexa axeitado á súa natureza, o previsto na Orde do 5 de novembro de 2010 pola que se establece, con carácter experimental, a ordenación da formación profesional inicial polo réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial/distancia.
2. O desenvolvemento dos módulos profesionais organizarase sobre a base da titoría individual e colectiva, que serán atendidas directamente polo profesorado de cada módulo. A titoría individual realizarase preferentemente de xeito telemático; a titoría colectiva terá carácter presencial coa intervención directa do profesorado, nas instalacións do centro docente e, conforme o artigo 12 da mencionada Orde do 5 de novembro de 2010, o número de horas semanais de dedicación á titoría colectiva para a realización por parte do alumnado das actividades programadas non poderá ser inferior ao enteiro igual ou inmediatamente superior ao 25 % das horas semanais que se establezan para cada módulo profesional.
A asistencia ás titorías presenciais nas instalacións do centro educativo terá carácter voluntario para o alumnado.
3. Ao longo do período lectivo correspondente, o profesorado de cada módulo profesional realizará un seguimento do desenvolvemento do proceso de ensino e aprendizaxe, utilizando para iso os instrumentos e os procedementos de recollida de información previamente establecidos na programación dos módulos, que deberán ser coñecidos polo alumnado.
A avaliación da aprendizaxe do alumnado será continua a través das actividades que se programen e harmonizarase con probas presenciais teórico-prácticas para cada avaliación parcial, de carácter obrigatorio para o alumnado, e axustadas aos resultados de aprendizaxe e aos criterios de avaliación dos currículos dos módulos profesionais. Ao finalizar o desenvolvemento de cada módulo, realizarase unha proba presencial final de carácter global. Esta proba terá que realizala o alumnado que non superase o módulo mediante as probas presenciais parciais que se realicen ao longo do curso.
4. O profesorado que imparta na modalidade semipresencial/distancia disporá das competencias necesarias para o manexo da plataforma de formación a distancia e para realizar o seguimento do proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.
Artigo 3. Inicio da actividade
Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, o Departamento Territorial da Coruña da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.
Artigo 4. Inscrición no Rexistro de Centros
Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 5. Modificación da autorización
O centro queda obrigado a cumprir a normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando se deba modificar calquera dos datos que sinala esta orde.
Disposición derradeira primeira. Recursos
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026
Román Rodríguez González
Conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
