DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Martes, 11 de agosto de 2026 Páx. 44191

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

ANUNCIO do 29 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes sancionadores en materia de estradas, de clave 115/25 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica no expediente sancionador en materia de estradas (Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia), logo de que fose devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecida a persoa destinataria ou porque, unha vez intentada, non se puido efectuar a notificación.

Segundo se establece no artigo 46 da citada lei, as persoas interesadas disporán dun prazo de 10 días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), para comparecer na sede deste Departamento Territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén o ofrecemento dun prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez días sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Pontevedra, 29 de xullo de 2026

José Manuel González González
Director territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Precepto infrinxido

Estrada

115/25

Jacobo Álvarez Comesaña

Incoación do expediente

61.2.b)

PO-330, Vigo-Vincios

025/26

José Souto Villanueva

Incoación do expediente

61.3.h)

PO-551, Marín-Rande

028/26

Hdros. de Eugenio Filgueira

Incoación do expediente

61.2.b)

PO-313, Marín-Moaña