DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 12 de agosto de 2026 Páx. 44328

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

ANUNCIO do 30 de xullo de 2026, do Servizo de Mobilidade da Coruña, polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres (expediente XC-02076-O-2026).

Conforme o previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo o acordo de inicio ditado pola persoa titular do Servizo de Mobilidade do Departamento Territorial da Coruña no expediente sancionador número XC-02076-O-2026, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, ao resultar infrutuosa a súa notificación postal. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

O texto íntegro do acordo que se notifica, xunto co resto da documentación do expediente, atópase á disposición das persoas interesadas no Servizo de Mobilidade da Coruña.

Outórgaselles un prazo quince (15) días hábiles contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente e presentar ou propoñer as probas que consideren oportunas.

No suposto que decida voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación do presente anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

A Coruña, 30 de xullo de 2026

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

DNI/CIF denunciado

Infracción denunciada

Data-hora-estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

XC-02076-O-2026

3006-FZJ

33548756J

Exceso de peso igual ou superior ao 25 %.

18.2.2026; 17.00.00; N-634; 664,0

Artigo 140.23 da LOTT

Artigo 197.26 da ROTT

Artigo 143.1.c) da LOTT

Artigo 201.h) da ROTT

Artigo 143.1 da LOTT

2.001 euros