Mediante a Resolución da Alcaldía do 3 de agosto de 2026, aprobouse o seguinte:
Primeiro. Nomear como policías locais nas condicións indicadas na convocatoria do citado proceso selectivo e do cadro de persoal deste Concello os seguintes aspirantes propostos polo tribunal cualificador:
– Castro Dias, Adan, DNI: ***1448**, clave do posto na relación de postos de traballo do Concello de Nigrán: 08.00.00.05.
– García Nogueiras, Rubén, DNI: ***4959**, clave do posto na relación de postos de traballo do Concello de Nigrán: 08.00.00.22.
Segundo. Emprazar os aspirantes nomeados para que tomen posesión no prazo máximo dun mes desde a publicación do anuncio de nomeamento no Diario Oficial de Galicia, en cumprimento do establecido na base décimo primeira das bases da convocatoria, aprobadas mediante a Resolución do 11.3.2026, publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, núm. 58, do 26 de marzo, e logo de publicar un extracto da convocatoria no Boletín Oficial do Estado núm. 125, do 22 de maio.
Nigrán, 6 de agosto de 2026
Juan Antonio González Pérez
Alcalde
