DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 12 de agosto de 2026 Páx. 44376

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dun funcionario/a de carreira, escala da Administración xeral, subescala administrativa (C1).

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 178, do 6 de agosto 2026, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a selección de persoal funcionario/a de carreira para cubrir en propiedade unha praza da escala de Administración xeral, subescala administrativa (C1), para cubrir polo sistema de concurso-oposición.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes á convocatoria, cando procedan, faranse públicos na sede electrónica do concello, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria.

Friol, 6 de agosto de 2026

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde