No Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 178, do 6 de agosto de 2026, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover, mediante o sistema de concurso, unha praza de auxiliar administrativo/a, escala da Administración xeral, subescala auxiliar, subgrupo C2.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse nos termos previstos nas bases.
Pol, 7 de agosto de 2026
Lino Rodríguez Ónega
Alcalde
