De conformidade cos artigos 44 e 46.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentada sen efecto a notificación do acto que se indica por causas non imputables á Administración.
Ao non ser posible a práctica da comunicación a que se refire o número 2 do artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, aos titulares das parcelas que se relacionan a continuación, por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise pública a comunicación de xestión da biomasa.
|
Acto que se vai notificar |
Ref. catastral Polígono/Parcela |
Localización |
Interesado/a Persoa responsable |
|
Orde de execución (expte. 1251-2026) Resolución de inicio O.E. do 14.7.2026 |
1135208NG4913N0001OP |
Caldelas Ponte Caldelas |
En Investigación |
|
Orde de execución (expte. 1289-2026) Resolución de inicio O.E. do 14.7.2026 |
36043A036004350000JA (polígono 36-parcela 435) |
A Roca-A Insua Ponte Caldelas |
Noemi Baqueiro Garrido |
|
Orde de execución (expte. 1317-2026) Resolución de inicio O.E. do 15.7.2026 |
36043A012008780000JD (polígono 12-parcela 878) |
Gradín Ponte Caldelas |
En investigación |
|
Orde de execución (expte. 1319-2026) Resolución de inicio O.E. do 15.7.2026 |
36043A027000620000JZ (polígono 27-parcela 62) |
Caldelas Ponte Caldelas |
Ángel Rocha Escudero |
|
Orde de execución (expte. 1321-2026) Resolución de inicio O.E. do 17.7.2026 |
36043A027000760000JT (polígono 27-parcela 76) |
Caldelas Ponte Caldelas |
Gumersindo Martínez Vázquez |
|
Orde de execución (expte. 1323-2026) Resolución de inicio O.E. do 19.7.2026 |
36043A027000680000JY (polígono 27-parcela 68) |
Caldelas Ponte Caldelas |
Ángel Rocha Escudero |
|
Orde de execución (expte. 1324-2026) Resolución de inicio O.E. do 21.7.2026 |
36043A027000670000JB (polígono 27-parcela 67) |
Caldelas Ponte Caldelas |
María Carmen Pellejero Parada |
|
Orde de execución (expte. 1325-2026) Resolución de inicio O.E. do 21.7.2026 |
36043A027006420000JA (polígono 27-parcela 642) |
Caldelas Ponte Caldelas |
En investigación |
En virtude do que antecede, comunícaselles que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Polo tanto, dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para o cumprimento voluntario da xestión da biomasa nas parcelas citadas, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.
Publícase este anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG) para que lles sirva de notificación ás persoas interesadas, e para este fin comunícaselles que tanto a notificación como o expediente se encontran á súa disposición no Concello de Ponte Caldelas (avenida de Galicia, 17, 36820 Ponte Caldelas, Pontevedra). Igualmente, poderán acceder a través da sede electrónica desta entidade.
O artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece que, cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación se efectuará mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, dos datos catastrais da parcela.
O artigo 22.4 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, posibilita este concello para a execución subsidiaria en caso de incumprimento dos traballos de xestión da biomasa, e os custos repercuten ás persoas responsables.
O artigo 22.6 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, establece a obriga das persoas responsables de facilitar os necesarios accesos ás entidades responsables dos traballos de xestión da biomasa, que non requirirán de ningunha autorización para a execución subsidiaria da xestión da biomasa nas redes de faixas de xestión.
Ponte Caldelas, 21 de xullo de 2026
Andrés Díaz Sobral
Alcalde presidente
