DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 13 de agosto de 2026 Páx. 44471

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2026 pola que se publican as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2025 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria para o ano 2026 para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas a proxectos colectivos para a protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) (código de procedemento PE209F) (Diario Oficial de Galicia número 15, do 23 de xaneiro).

En cumprimento do disposto no artigo 33 da orde de bases reguladoras; no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas, na convocatoria de 2026, con cargo á aplicación orzamentaria 16.03.723C.780.2, para o financiamento de proxectos colectivos para a protección e a recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante a recollida de residuos e de arribazóns de algas que poden afectar os bancos marisqueiros, coa participación das persoas pescadoras e mariscadoras, cofinanciadas nun 70 % polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2026

A conselleira do Mar
P. D. (Orde do 21.2.2022; DOG núm. 41, do 1 de marzo)
María de los Ángeles Vázquez Suárez
Directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

ANEXO

Aplicación orzamentaria: 16 03 723C 780 2

Beneficiaria

Proxecto

Total (€)

Confraría do Grove

PE209F-2026-00001 Retirada de algas no Grove

77.691,71

Confraría de Noia

PE209F-2026-00002 Econoia6

169.198,08

Confraría de Cedeira

PE209F-2026-00004 Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas a través da recollida activa de lixo

33.104,11

Confraría de Caión

PE209F-2026-00005 Retirada de lixo mariño no ámbito da confraría de Caión

30.166,08

Confraría de Carril

PE209F-2026-00006 Limpeza algas arribazóns plan xestión da confraría de Carril

50.157,15

Confraría de Muros

PE209F-2026-00007 Limpando e formando para mellorar o entorno

38.493,80

Confraría do Pindo

8.728,06

Asoc. Mariscadores Fonte de Santa Elena de Baldaio

PE209F-2026-00008 Retirada de lixo mariño na lagoa de Baldaio

24.682,76

Agrupación de Mariscadoras do Esteiro do Anllóns

PE209F-2026-00009 Protección e recuperación da biodiversidade e dos ecosistemas mariños mediante o control da presenza de lixo mariño no esteiro do río Anllóns

29.833,08

Confraría de Carril

PE209F-2026-00010 Limpeza de algas de arribazón nos bancos dos plans de xestión de marisqueo a pé da confraría de Carril en ZLM, algas pé-Carril 26-27

51.172.90

Confraría de Cambados

PE209F-2026-00012 Recollida de arribazóns de algas nos bancos marisqueiros da confraría de Cambados

141.668,80

Confraría de Arcade

PE209F-2026-00013 Fóra lixo, fora arribazóns

26.551,38

Confraría de Vigo

PE209F-2026-00014 Recollida de residuos mariños na confraría de Vigo

11.983,35

Confraría de Barallobre

PE209F-2026-00016 Limpeza praias autorización 2026

97.803,25

Confraría de Vilanova

PE209F-2026-00020 Recollida de lixo e de arribazóns nos bancos de marisqueo a flote de Vilanova

13.549,95

Confraría de Corcubión

PE209F-2026-00021 Bancos marisqueiros de Corcubión sen lixo mariño

60.203,61

Confraría do Vicedo

PE209F-2026-00022 Recollida activa de lixo na ría do Vicedo

6.816,44