DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 13 de agosto de 2026 Páx. 44508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2026, do Departamento Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Cabanas (expediente IN407A 2026/070-1).

Expediente: IN407A 2026/070-1

Promotora: Sucesores de Manuel Leira, S.L.

Denominación do proxecto: liña subterránea 15 kV CTC Apeadoiro a CTC Bombeo-praia da Magdalena-Cabanas-(A Coruña).

Concello: Cabanas.

Feitos:

1. O día 6 de marzo de 2026, a empresa promotora solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica mencionada, co obxecto de conectar á rede de distribución o CTC Apeadoiro destinado a darlles subministración ás bombas do tanque de tormentas na praia da Magdalena. Obra financiada parcialmente por terceiros.

Ao abeiro do artigo 123 do Real decreto 1955/2000, presentan o proxecto de execución denominado liña subterránea 15 kV CTC Apeadoiro a CTC Bombeo-praia da Magdalena-Cabanas-(A Coruña), que inclúe memoria, planos e orzamento, conforme establece o artigo 123 do Real decreto 1955/2000, que comprende os seguintes documentos:

1º. Proxecto de execución denominado liña subterránea 15 kV CTC Apeadoiro a CTC Bombeo-praia da Magdalena-Cabanas-(A Coruña), asinado por Francisco Javier, Bouza Cabarcos, enxeñeiro industrial, número colexiado 867 de Galicia, o 25 de febreiro de 2026 con número de visado 20260473, do 2 de marzo de 2026.

2º. Planos achegados o 17 de abril de 2026: canalizacións, ortofotografía, liña proxectada (plano 1/2 e 2/2).

3º. Declaración responsable do proxectista con corrección de erros asinada o 15 de abril de 2026.

2. O proxecto non se someteu ao trámite de información pública, segundo o artigo 50 da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

3. Consonte o artigo 127 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, solicitóuselles o informe preceptivo ás distintas entidades afectadas: Administración de Infraestruturas Ferroviarias ADIF. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos informes emitidos no prazo outorgado para ese efecto.

Tamén se remitiu copia do proxecto a Eléctrica de Cabañas, S.L. no marco do artigo 21.1.b) do Real decreto 1048/2013, por estaren as novas instalacións nas proximidades da súa zona de distribución. Non mostrou oposición á execución do proxecto.

4. O día 27 de abril de 2026 emitiuse o informe técnico.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. O director territorial é competente para resolver este expediente, ao abeiro do disposto no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro), e no Decreto 140/2024, do 20 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 101, do 27 de maio).

Segunda. Lexislación de aplicación:

• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

• Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

• Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

• Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).

Terceira. Características técnicas:

As instalacións obxecto deste expediente están situadas na praia da Magdalena, no concello de Cabanas, e as súas características técnicas son as seguintes:

Nova liña subterránea de 15 kV denominada liña subterránea CTC Apeadoiro-CTC Bombeo, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240 mm2) Al, de 489 m de lonxitude, con orixe no CTC Apeadoiro e final no CTC Bombeo.

Cuarta. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos deste departamento territorial.

De acordo con todo o exposto,

RESOLVO:

A) Concederlle a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á dita instalación de distribución eléctrica indicada.

B) A instalación executarase no prazo de dous anos, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

C) Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá achegar, ante este departamento territorial, unha solicitude á cal xuntará a seguinte documentación:

• As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

• Un certificado do/da director/a da montaxe, no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas axeitadas para a montaxe da instalación e posta a punto.

• Planimetría as built da instalación eléctrica en formato shape.

D) Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial no relativo á ordenación do territorio e ao ambiente.

O incumprimento das condicións e dos requisitos establecidos nesta resolución ou a variación substancial dos orzamentos que determinaron o seu outorgamento poderán dar lugar á súa revogación, logo de audiencia ao/á interesado/a, segundo o establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselles aos interesados esta resolución, segundo o exixido no artigo 40.1 da dita Lei 39/2015.

A Coruña, 28 de abril de 2026

Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña