Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recolle no proxecto asinado o 29.4.2026 polo enxeñeiro técnico industrial Emilio Gómez Ramos, colexiado núm. 3637 do COETIVigo, e visado polo citado colexio profesional o día 29.4.2026 co número 22600540.
Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.
Domicilio: polígono Chan da Ponte, 19, 36450 Salvaterra de Miño, Pontevedra.
Denominación: LMT soterrada CPM Reza a LMT xeral Arnoia (circuíto núm. 1).
Situación: lugares da Reza e Porqueira, concello da Arnoia.
Orzamento: 23.642,46 €.
Características técnicas:
– LMT soterrada, a 20 kV, de 195 m de lonxitude, en condutor RHZ-1 3×(1×240) Al 18/30 kV, con orixe na cela de saída MT CPM A Reza e final no apoio metálico existente núm.1, da LMT Xeral Arnoia.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial
RESOLVE:
Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.
Ourense, 16 de xullo de 2026
Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense
