De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior e, logo de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido á interesada que se sinala no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, infórmase aos interesados de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñecer o contido íntegro dos actos, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 30 de xullo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN635C 2026/20-C.
Denominación social: Ars Ingenieria e Instalaciones Galicia, S.L.
NIF: B56549595.
Acto de notificación: acordo de inicio de expediente sancionador.
Concello: Ferrol.
