DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 13 de agosto de 2026 Páx. 44536

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 31 de xullo de 2026 polo que se notifica o acordo de execución subsidiaria de orde de demolición (expediente PON/133/2013-RP1).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o día 25 de xuño de 2026, o acordo de execución subsidiaria de orde de demolición, expediente PON/133/2013-RP1.

Ao non poderse realizar a notificación persoal deste acordo á persoa con DNI 35243118B, mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notificáselle á persoa interesada o devandito acordo por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á persoa interesada que o texto íntegro do acordo que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación do acordo entenderase producida.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante a sección do contencioso administrativo do tribunal de instancia en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto na Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada persoa interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

María Victoria Núñez López
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística