DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 13 de agosto de 2026 Páx. 44534

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 31 de xullo de 2026, do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións, polo que se someten a información pública os expedientes de extinción polo vencemento do prazo de concesións de augas (expediente DH.A15.14301 e seis máis).

En cumprimento do previsto no artigo 163.3 do Regulamento do dominio público hidráulico, aprobado polo Real decreto 849/1986, do 11 de abril, faise público que se están a tramitar os expedientes de extinción polo transcurso do prazo das concesións indicadas no anexo, correspondentes ao expediente DH.A15.14301 e seis máis.

As persoas interesadas poderán presentar alegacións durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, en calquera dos rexistros previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2026

José Ángel Someso Anguita
Xefe do Servizo de Tramitación de Autorizacións e Concesións

ANEXO

Expediente

Titular

VMA (m3)
QME (l/s)

Orixe

Destino

Lugar (L)
Parroquia (P)
Concello (C)

DH.A15.14301

Gumersindo Blanco Martínez, Daniel Martínez Estruao

757 m3

Manancial

Doméstico

L: Millares Pequeno

P: Prevediños (Santiago)

C: Touro

DH.A15.16013

Francisco Rosende Mosquera

34.785 m3

Pozo

Doméstico, rega e gandeiro

L: Os Lameiros

P: Buscás (San Paio)

C: Ordes

DH.A15.23761

Comunidade de Usuarios Fontaíña

24.030 m3

Dous mananciais

Doméstico e gandeiro

L: Vermello

P: Lamas (Santa María)

C: Zas

DH.A36.6645

José María Carolo Montaña, Germán Villar González

800 m3

Manancial

Doméstico e gandeiro

L: O Curro

P: Cira (Santa Baia)

C: Silleda

DH.A36.3449

Carmen Rendo Caneda

0,84 l/s

Río

Rega

P: Obra (San Tomé)

C: Vila de Cruces

DH.A15.18819

Mª Teresa Mosquera González

473,04 m3

Dous mananciais

Doméstico

L: A Lavacolla (As Quendas)

P: Sabugueira (San Paio)

C: Santiago de Compostela

DH.A15.44785

María Ángeles Pais Pais

54,57 m3

Manancial

Rega

L: Zas

P: Zas (San Mamede)

C: Negreira