Con data do 22 de xuño de 2026 ditouse a resolución da Alcaldía pola que se aprobaron a convocatoria e as bases que rexerán o proceso selectivo para a provisión dunha praza de técnico financeiro coas seguintes características:
Número de prazas: 1.
Denominación: técnico de administración financeira.
Subgrupo: A1.
Sistema de provisión: concurso, mobilidade interadministrativa.
Complemento de destino: nivel 30.
As bases que rexerán o proceso selectivo foron publicadas integramente no Boletín Oficial da provincia da Coruña número 128, do 9 de xullo de 2026, así como na sede electrónica municipal.
O prazo para presentar as solicitudes comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.
A Pobra do Caramiñal, 9 de xullo de 2026
José Carlos Vidal Suárez
Alcalde
