En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réximen local, no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que se aproban as regras básicas e programas mínimos a que deben axustarse os procedementos de selección dos funcionarios da Administración local, faise público que polo Decreto da Alcaldía número 947/2025, do 23 de decembro, se convocou o procedemento de selección, mediante o sistema de concurso-oposición, para a cobertura da seguinte praza:
– Denominación: traballador/a social (coord.).
– Número: unha (1).
– Escala: Administración especial.
– Subescala: técnica.
– Grupo: A2.
– Clase: persoal funcionario.
– Xornada laboral: completa.
– Boletín de publicación das bases: Boletín Oficial da provincia da Coruña número 248, do 29 de decembro de 2025.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o alcalde do Concello de Padrón, no prazo dun mes contado desde o día de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Padrón, 24 de xullo de 2026
Anxo Rei Arca
Alcalde
