DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Xoves, 13 de agosto de 2026 Páx. 44545

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO da convocatoria do procedemento de selección, mediante o sistema de oposición, de persoal funcionario de carreira para a cobertura dunha praza de administrativa/o, incluída na oferta de emprego público de 2022 (expediente 12/2025-SPF, 2025/E001/000014).

En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que aproban as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, faise público que polo Decreto da Alcaldía número 952/2025, do 23 de decembro, se convocou o procedemento de selección, mediante o sistema de oposición, para a cobertura da seguinte praza:

– Denominación: administrativa/o.

– Número: unha (1).

– Escala: Administración xeral.

– Subescala: administrativa/o.

– Grupo: C1.

– Clase: persoal funcionario.

– Xornada laboral: completa.

– Boletín de publicación das bases: Boletín Oficial da provincia da Coruña número 249, do 30 de decembro de 2025.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o alcalde do Concello de Padrón, no prazo dun mes contado desde o día de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Padrón, 24 de xullo de 2026

Anxo Rei Arca
Alcalde