En cumprimento do establecido no artigo 97 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réximen local, no 205.4 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no 6 do Real decreto 896/1991, do 7 de xuño, polo que aproban as regras básicas e programas mínimos a que debe axustarse o procedemento de selección dos funcionarios da Administración local, faise público que polo Decreto da Alcaldía 1268/2024, do 26 de decembro, se convocou o procedemento de selección, mediante o sistema de oposición, para a cobertura da seguinte praza:
– Denominación: auxiliar-administrativa/o.
– Número: unha (1).
– Escala: Administración xeral.
– Subescala: auxiliar.
– Grupo: C2.
– Clase: persoal funcionario.
– Xornada laboral: completa.
– Boletín de publicación das bases: Boletín Oficial da provincia da Coruña número 251, do 31 de decembro de 2024.
Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición, ante o alcalde do Concello de Padrón, no prazo dun mes contado desde o día de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente, recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.
Padrón, 23 de xullo de 2026
Anxo Rei Arca
Alcalde
