Mediante a Resolución de Alcaldía ditada con data do 17 de xullo de 2026 acordouse o nomeamento como persoal funcionario de carreira da Administración xeral, subescala auxiliar administrativo, grupo C, subgrupo C2, con cargo ás prazas vacantes incluídas na oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2024, aprobada pola Resolución da Alcaldía 2024-0650, do 12 de xullo de 2024, e publicada no Boletín Oficial da provincia de Lugo núm. 164, do 16 de xullo, de:
Paula López Novelle, con DNI ***5492**.
Beatriz López Abella, con DNI ***5256**.
Este anuncio de nomeamento foi publicado no BOP de Lugo número 166, do 22 de xullo de 2026.
O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 62 do texto refundido do Estatuto básico do empregado público, e 60 da Lei do emprego público de Galicia.
Chantada, 22 de xullo de 2026
O alcalde
P.S. (Decreto 2026-0789, do 13.7.2026)
Manuel Diéguez Carballo
Concelleiro de Cultura
