Ao non ser posible a práctica da notificación ás persoas titulares das referencias catastrais que se relacionan a continuación por causas non imputables a esta Administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede notificar mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia co fin de que no prazo de quince días naturais, que comezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, as persoas interesadas no procedemento procedan á xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas, segundo o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
Ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro das citadas notificacións, así como a totalidade do expediente administrativo está á disposición das persoas interesadas para o seu exame e coñecemento nas dependencias do Rexistro Xeral do Concello de Cabanas, das 8.30 ás 13.30 horas os días laborables de luns a venres.
|
Ref. catastral |
Lugar |
Propietario/a |
Expediente |
|
Pol. 11 parc. 297 Pol. 11 parc. 446 Pol. 11 parc. 448 |
Pudrical-Porto |
Prego, Geluca e outros Hoxe Martínez, Concepción En investigación |
837/2025 |
|
15015A008003600000GR |
Lg. Monte-Regoela |
Fernández Gato, José e outros |
1050/2025 |
|
Pol. 11 parc. 934 |
Anidos-Laraxe |
Díaz Tenreiro, Josefa (herdeiros de) |
1185/2025 |
|
6982401NJ6068S0001MG |
As Modias-Porto |
Cabrera, Juan Manuel (herdeiros de) |
1471/2025 |
|
15015A011009730000GE |
Laraxe |
Barro Fabal, Mª Dolores (herdeiros de) |
1653/2025 |
Transcorrido o devandito prazo, e en caso de persistencia no incumprimento, o Concello procederá a execución subsidiaria con repercusión á propiedade dos custos de xestión da biomasa e, de ser o caso, o comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da Lei 3/2007, anteriormente citada, sen prexuízo do procedemento sancionador que corresponda.
Cabanas, 20 de xullo de 2026
Fernando Couce Rodríguez
Alcalde
