O Pleno do Concello de Concello de Bergondo, en sesión ordinaria do 30 de xullo de 2026, adoptou, entre outros, o acordo que se reproduce a continuación na súa parte dispositiva:
«Primeiro. Aprobar definitivamente o Estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións e rasantes e a ordenación de volumes na parcela comercial do polígono industrial de Bergondo coa referencia catastral 9262902NH5996S0001ID. Este ámbito atópase clasificado como solo urbano industrial comercial dentro do Plan parcial do polígono industrial e comercial de Bergondo, promovido pola Sociedade Estatal de Promoción e Equipamento do Solo (SEPES) e aprobado o 22.10.1986 pola Comisión Provincial de Urbanismo. O documento foi presentado o 17 de xullo de 2026 por Jesús Andrés Fernández Carballal, en representación de Soos Global Machine Solutions, S.L., co número de rexistro de entrada 202699900003418, e está integrado pola seguinte documentación:
– Cartafol comprimido co nome 15008_ED_202607_AD_01PDF.zip.
Hexhash (SHA256) 9A7D2F6372F5484A0E2DA6E0BBAB38FBBFCE0B58D1218703BC035D06C37E4035h
– Cartafol comprimido co nome 15008_ED_202607_AD_02EDIT.zip.
Hexhash (SHA256) C7DCD0EFCF4F08277B7B40B7B8B341AAB7E3EEE08D7491700449E72E60EFCFF7h
– 15008_ED_202607_AD_DECLARACIÓN RESPONSABLE.pdf
Segundo. Notificarlles este acordo ás persoas interesados e publicalo, no prazo dun mes desde a súa adopción, no Diario Oficial de Galicia. Logo desta publicación, remitirase para a súa inscrición no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento de Galicia.
Terceiro. Consonte os artigos 82 e 88 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, publicar no Boletín Oficial da Provincia a normativa do instrumento aprobado definitivamente, unha vez inscrito no Rexistro de Ordenación do Territorio e Planeamento de Galicia».
O contido íntegro do estudo de detalle aprobado pódese consultar fisicamente nas dependencias do Departamento de Urbanismo e, de forma dixital, na sede electrónica deste concello no enderezo https://sede.bergondo.gal/sxc/es/informacion/
Contra este acordo, con condición de disposición administrativa de carácter xeral, pódese interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (artigo 84.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 201.1 do seu regulamento), no prazo máximo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de interpoñer calquera outro recurso que se considere máis procedente e sexa conforme a dereito.
Bergondo, 5 de agosto de 2026
Alejandra Pérez Máquez
Alcaldesa presidenta
