DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 14 de agosto de 2026 Páx. 44658

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 3 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, polo que se somete a información pública as solicitudes de inclusión no Catálogo galego de árbores senlleiras.

O artigo 4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, establece o procedemento de catalogación e descatalogación de exemplares e formacións.

As seguintes solicitudes de inclusión de dúas árbores no Catálogo galego de árbores senlleiras foron realizadas polas persoas interesadas de acordo con ese procedemento:

Rexistro de entrada: 2026/2181644.

Data: 21.7.2026.

Solicitante: Asociación Vaipolorio.

Especie: Quercus robur L.

Tipo: árbore.

Localidade: Salcedo.

Concello: Pontevedra.

Provincia: Pontevedra.

Rexistro de entrada: 2026/2232704.

Data: 28.7.2026.

Solicitante: Susana Gil Camiñas.

Especie: Castanea sativa Mill.

Tipo: árbore.

Localidade: Chantada.

Concello: Chantada.

Provincia: Lugo.

O artigo 4.4 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, establece que as solicitudes de catalogación ou descatalogación de exemplares e formacións, e a documentación presentada xunto con elas, someteranse ao trámite de información pública por un prazo de vinte días, para os efectos de que as persoas interesadas poidan presentar os documentos e xustificacións que consideren pertinentes.

En consecuencia, ábrese un período de información pública das solicitudes de catalogación mencionadas neste anuncio, e a documentación presentada xunto con elas, durante un prazo de 20 días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, coa finalidade de que aquelas persoas interesadas que se consideren directamente afectadas poidan remitir observacións e opinións por escrito, ou ben a través do enderezo de correo electrónico: dxpn.medioambiente@xunta.gal, poñendo no asunto «Información pública árbores senlleiras».

Durante o citado prazo, a documentación correspondente poderá ser examinada nos seguintes lugares:

– Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, avenida Mª Victoria Moreno, 43, 4º, 36071 Pontevedra.

– Departamento Territorial da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, ronda da Muralla, 70, 27071 Lugo.

Durante ese mesmo período poderase consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático (https://medioambiente.xunta.gal/seccion-organizacion/c/CMAOT_DX_Conservacion_Natureza?content=Direccion_Xeral_Conservacion_Natureza/Biodiversidade/seccion.html&std=expedientes_senlleiras.html&sub=Arbores_senlleiras/) a información do expediente que non se corresponda con datos de carácter persoal (Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais).

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2026

María Sol Díaz Mouteira
Directora xeral de Patrimonio Natural