O secretario xeral de Medios remitiulle á persoa interesada no procedemento sancionador SXMEDIOS 4/2025 a resolución do procedemento ao domicilio que consta nos rexistros da Secretaría Xeral de Medios, a través do servizo de Correos e tamén mediante a posta á disposición no Sistema de notificación electrónica-Notifica.gal, intentos que resultaron infrutuosos.
Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) resulta preceptiva «cando as persoas interesadas no procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar de notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar», mediante este anuncio notifícaselle a Resolución do 16 de xullo de 2026, ditada no procedemento sancionador SXMEDIOS 4/2025, á persoa interesada con DNI 00378136Q.
O texto íntegro da resolución, así como os documentos que integran o procedemento, está a disposición do/da interesado/a na oficina da Secretaría Xeral de Medios, no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, en Santiago de Compostela, A Coruña (teléfono de contacto 981 54 12 30), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o/a interesado/a poderá interpor recurso potestativo de reposición, ante a Secretaría Xeral de Medios, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 124 da Lei 39/2015, ou poderá impugnala directamente, ante a Xurisdición Contencioso-Administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2026
Pedro Francisco Rojo Otero
Secretario xeral de Medios
