Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA CES705 substitución dos apoios AMLI9QPU//69-1 e AMIWOXJU//69-8, no concello de Oza Cesuras (expediente IN407A 2024/171-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 3 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/171-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA CES705 substitución dos apoios AMLI9QPU//69-1 e AMIWOXJU//69-8.
Concello: Oza Cesuras.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data de ocupación |
|
2 |
Pombal |
15026A007002570000QI |
Josefa Erias Núñez |
19.8.2026 |
