De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.
Polo anterior, e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido o interesado que se sinala no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.
Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, infórmase ao interesado que o expediente se encontra á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias do Departamento Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Industria), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A Coruña, 3 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN635C 2026/30-C.
NIF: 71899036R.
Acto de notificación: acordo de inicio de expediente sancionador.
Concello: Teo.
