DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 14 de agosto de 2026 Páx. 44748

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do expediente 2026/PLANEAM/00009-FG número 768.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2026004350, do 23 de xullo de 2026, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle para o reaxuste de aliñacións en Montrove, Limoeiros (documento asinado o 17 de xullo de 2026 polo arquitecto municipal).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto na páxina web do concello www.oleiros.org, na sección de urbanismo, trámites de información pública, polo prazo dun mes, para a presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 24 de xullo de 2026

Ángel García Seoane
Alcalde presidente