Nesta Administración recibiuse oficio da Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense praza nº 1, en relación co recurso contencioso-administrativo PO 60/2024, interposto por Francisco Rodríguez Demanuel contra desestimación presunta por silencio administrativo da solicitude formalizada ante o Concello Maside o 30 de xaneiro de 2023, na que se insta a execución das Normas subsidiarias de planeamento municipal mediante a tramitación e aprobación dun estudo de detalle e ulterior adquisición dos terreos cualificados para sistema viario, en concreto, a rúa de nova apertura para o enlace da estrada de Cea coa rúa da Alameda.
Para os efectos de cubrir o solicitado no citado oficio, o Concello de Maside acordou remitir o expediente á Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Ourense praza nº 1.
O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas neste procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer e presentarse como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Maside, 20 de xullo de 2026
José Manuel Iglesias Araujo
Alcalde
