DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 14 de agosto de 2026 Páx. 44746

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de director/a do CIM.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 102, do 2 de xuño de 2026, publicáronse integramente a convocatoria e bases reguladoras, aprobadas pola Resolución da Alcaldía nº 1350/2026, do 23 de maio de 2026, que rexerán o proceso selectivo, polo procedemento de concurso-oposición, para cobertura en propiedade como persoal laboral fixo dunha praza de director/a do CIM.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta praza faranse públicos na forma prevista nas bases.

Arteixo, 8 de xuño de 2026

Carlos Calvelo Martínez
Alcalde presidente