De conformidade co disposto nos artigos 44, 45 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por motivos de interese público que o fan aconsellable e de modo simultáneo ao intento de notificación por entrega directa, notifícaselle a Huges Robert Max Anne Jean Ville por medio de publicación no Boletín Oficial del Estado orde de retirada da embarcación Calagraña con matrícula 3ª-FE-4-24-09 da zona de servizo do porto de Baiona.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.
A embarcación en cuestión que se atopa fondeada sen autorización na dársena do porto de Baiona deberá de ser retirada da zona de servizo do porto nun prazo máximo de 5 días contados desde a publicación da presente cédula.
A presente orde emítea a Dirección con base nas competencias que lle confire o artigo 15.3.a) e d) da Lei 6/2017, de Portos de Galicia, e en aplicación do establecido no artigo 129.3 desa lei.
No caso de incumprirse a presente orde, Portos de Galicia procederá a retirar e a varar en seco o barco de maneira forzosa, procedendo ao seu traslado a lugar que lle sería oportunamente notificado, e pasándolle por iso os custos da dita retirada, traslado e varada en seco.
Poñemos igualmente no seu coñecemento que, de manterse a inactividade total na embarcación, este organismo poderá iniciar expediente para declarar a embarcación en situación de abandono, expediente previsto no artigo 128 da Lei de portos de Galicia, que podería finalizar coa incautación da propiedade do barco.
Portos de Galicia non asume ningunha responsabilidade polos danos que poida sufrir a embarcación durante a varada e traslado, nin tampouco no lugar onde quedará depositada.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2026
Juan Sanmartín Ferreiro
Director xeral de Portos de Galicia
