DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 14 de agosto de 2026 Páx. 44626

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2026 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas IA360 orientadas a potenciar a innovación empresarial a través do desenvolvemento experimental e a aplicación da intelixencia artificial no tecido industrial galego e a súa cadea de valor, vencellado aos sectores estratéxicos ou de especial relevancia para a Xunta de Galicia para o ano 2026 (código de procedemento IG408M).

Mediante a Resolución do 30 de decembro de 2025 (DOG núm. 10, do 16 de xaneiro de 2026) publicáronse as bases reguladoras para a concesión das axudas IA360 orientadas a potenciar a innovación empresarial a través do desenvolvemento experimental e a aplicación da intelixencia artificial no tecido industrial galego e a súa cadea de valor, vinculado aos sectores estratéxicos ou de especial relevancia para a Xunta de Galicia para o ano 2026, e convocáronse en réxime de concorrencia competitiva.

As ditas bases establecen no seu artigo 16.4 que o anuncio da publicación do texto completo da resolución definitiva no enderezo https://spiga-sede.igape.es será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva do 7 de agosto de 2026 de concesión das axudas para a iniciativa IA360, no enderezo https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas e https://spiga-sede.igape.es

O texto completo da resolución non se publica no DOG na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilítase un prazo de 10 días naturais para que as persoas interesadas accedan á oficina virtual do Igape, no enderezo https://spiga-sede.igape.es/publicaciones, utilizando o seu NIF, para descargar a súa resolución individual. Transcorrido o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, entenderase rexeitada.

Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao de acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpoñerse recurso de reposición ante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao de acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso de dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se accedese ao seu contido.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2026

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica