DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 14 de agosto de 2026 Páx. 44628

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 7 de agosto de 2026 pola que se lle dá publicidade á resolución de concesión das axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova), e pola que se convocan para os anos 2026/27 en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento IG408L).

Mediante a Resolución do 30 de decembro de 2025 (DOG núm. 10, do 16 de xaneiro de 2026), publicáronse as bases reguladoras das axudas para a mellora da capacidade da innovación das empresas en Galicia, a través do financiamento das actividades integradas en plans de deseño e innovación (programa Igape Innova), e procedeuse á súa convocatoria para os anos 2026/27 en réxime de concorrencia competitiva.

As devanditas bases establecen, no seu artigo 16.4, que o anuncio da publicación do texto completo da resolución definitiva no enderezo https://spiga-sede.igape.es será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Anunciar a publicación do texto completo da resolución definitiva do 7 de agosto de 2026 da concesión das axudas para a iniciativa Igape Innova no enderezo https://www.igape.gal/gl/resolucions-definitivas e https://spiga-sede.igape.es

O texto completo da resolución non se publica no Diario Oficial de Galicia na súa integridade, en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015.

Habilítase un prazo de 10 días naturais para que as persoas interesadas poidan acceder á oficina virtual do Igape (https://spiga-sede.igape.es/publicaciones) e descargar a súa resolución individual, para o que han de utilizar o seu NIF. Logo de que transcorra o devandito prazo desde a posta á disposición da resolución individual sen que se acceda ao seu contido, esta entenderase rexeitada.

Segundo. As resolucións individuais, segundo o establecido no punto primeiro, esgotan a vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso de dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se acceda ao seu contido. Non obstante, previamente poderá interpoñerse recurso de reposición perante a persoa titular da Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao acceso á resolución individual, ou desde que se entenda rexeitada polo transcurso de dez días naturais desde a súa posta á disposición sen que se acceda ao seu contido.

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2026

Covadonga Toca Carús
Directora xeral do Instituto Galego de Promoción Económica