DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 17 de agosto de 2026 Páx. 44783

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, pola que se modifica a Resolución do 29 de xuño de 2026 pola que se resolve o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; do corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría, de fisioterapia, de traballo social, de educador/a social e de terapia ocupacional; do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a e do corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica, corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, e se abre o prazo posesorio dos postos adxudicados no concurso de traslados convocado pola Resolución do 15 de xullo de 2025.

Mediante a Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, do 29 de xuño de 2026 (DOG núm. 125, do 7 de xullo), resolveuse o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes do corpo facultativo superior, escala de facultativos/as, especialidades de medicina, de psicoloxía e de pedagoxía; do corpo facultativo de grao medio, escala de técnicos/as facultativos/as, especialidades de enfermaría, de fisioterapia, de traballo social, de educador/a social e de terapia ocupacional; do corpo de axudantes de carácter facultativo, escala técnica de gobernantes/as, especialidade gobernante/a e do corpo de auxiliares de carácter técnico, escala de auxiliares de clínica, corpos e escalas de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, convocado pola Resolución do 15 de xullo de 2025.

De acordo co punto terceiro desa resolución, diferíronse os prazos posesorios ata a publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución pola que se indique a data de inicio dos ditos prazos.

Por outra banda, no anexo II da dita resolución publícanse os postos adxudicados ás persoas participantes no concurso de traslados. Non obstante, no dito anexo figuran dous postos afectados por procedementos xudiciais seguidos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Co fin de preservar os dereitos das persoas adxudicatarias que se viron afectadas pola execución destas sentenzas, estas tomarán posesión nun posto de similares características aos que lles foron adxudicados na Resolución do 29 de xuño de 2026 e con idénticos efectos.

Polo exposto, no uso das competencias que ten atribuídas segundo o artigo 1 da Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública e de conformidade co previsto na base XI da convocatoria, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro. En virtude dos procedementos xudiciais seguidos ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, modificar o anexo II da Resolución do 29 de xuño de 2026 e excluír os postos que se indican no anexo desta resolución. As persoas afectadas tomarán posesión, de xeito simultáneo ao resto de persoas adxudicatarias, en postos de similares características aos adxudicados, e con idénticos efectos.

Segundo. A apertura do prazo de toma de posesión que se establece no punto terceiro da Resolución da Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal do 29 de xuño de 2026.

De conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 8 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos de mobilidade do persoal funcionario de carreira da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidade públicas instrumentais integrantes do sector público autonómico, o prazo da toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento e será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

O cesamento deberá efectuarse o día 30 de setembro de 2026.

Se a adxudicación comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será dun mes e empezará a computarse o día 1 de outubro de 2026.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante esta mesma dirección xeral no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data ante as seccións da orde xurisdicional contencioso-administrativa do tribunal de instancia correspondente, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2026

Nuria Aguilar Vázquez
Directora xeral de Emprego Público e Administración de Persoal

ANEXO

Adxudicacións que se modifican

1º apelido

2º apelido

Nome

NIF

Subgrupo

Posto

Código do posto

Denominación

Cons.

Concello

Nivel

Puntos

Blanco

Lombardero

María José

***9246**

C2

875

PS.C99.40.801.27001.021

Auxiliar de clínica

PS

Lugo

15

21.093

Rial

Gil

Eva

***0300**

A1

39

PR.C99.10.011.36560.003

Psicólogo/a

PR

Vigo

26

25.082

Relación de consellerías:

Código

Consellería

PR

Presidencia, Xustiza e Deportes

PS

Política Social e Igualdade