DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 17 de agosto de 2026 Páx. 44918

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 21 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS650A.

Ao abeiro do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no uso das competencias atribuídas a este departamento territorial, intentada a notificación das resolucións ditadas no procedemento no último domicilio coñecido das persoas que se citan no anexo sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles mediante anuncio os referidos actos administrativos ás ditas persoas, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, comparezan en persoa ou debidamente representadas nas dependencias do Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración do Departamento Territorial da Consellería de Política Social e Igualdade de Vigo, na rúa Concepción Arenal, número 8, 1º andar, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro das ditas resolucións e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán efectuadas as notificacións no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social, ante este departamento territorial, no prazo de trinta (30) días contados desde o día seguinte ao da data da súa notificación efectuada por comparecencia, ao abeiro do disposto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Vigo, 21 de xullo de 2026

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento BS650A

Núm. de expediente

DNI/NIE/pasaporte ou similar
da persoa interesada

Resolución e data

36/00381-I/97

36072761K

Extinción 13.7.2026

36/00882-I/06

36114095R

Suspensión 14.4.2026

36/00555-I/24

76902057Q

Denegación 22.6.2026

36/00539-I/25

76898211B

Denegación 11.5.2026

36/00581-I/25

36136788Q

Denegación 12.5.2026

36/00013-I/26

39455020S

Denegación 12.5.2026

36/00061-I/26

79327109V

Denegación 22.6.2026

36/00137-I/26

33932386A

Denegación 30.6.2026

36/00179-I/26

36107960F

Denegación 3.7.2026