DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 17 de agosto de 2026 Páx. 44920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello da Veiga (expediente IN407A 2026/047-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción das instalacións eléctricas que se describen a seguir, tal e como se recollen no proxecto asinado en abril de 2026 na Coruña polo enxeñeiro industrial Xosé López Seoane, colexiado núm. 2745 do ICOIIG, e visado polo citado colexio profesional o día 27.4.2026 co número 20261026.

Solicitante: Eléctrica de Alberguería, S.A.; CIF: A32025199.

Domicilio: rúa Martínez Padín, 4, porta 15, 32004 Ourense.

Denominación: Soterrado LMT La Vega-Chao das Dornas e CT As Chairas.

Situación: concello da Veiga.

Orzamento: 125.294,95 €.

Características técnicas:

– Desmonte do tramo da LMTA existente, de 684,04 m de lonxitude, en condutor LA-30, entre o apoio núm. 4H000005, que tamén se desmonta, e o apoio núm. 4H000011. E desmonte do tramo da LMTA existente, de 43,60 m de lonxitude, en condutor LA-30, entre o apoio núm. 4H000011 e o apoio núm. 4HA00001, que tamén se desmonta.

– Instalación dun novo apoio núm. 4H000005-B, de celosía metálica, do tipo C-12/2000 sobre o que se retensa a LMTA existente La Vega-Chao das Dornas. E instalación dun novo apoio núm. 4H000011-B, de formigón, do tipo HV-630/R13.

– LMT soterrada, a 15 kV, de 709,11 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×95 mm2) Al, con orixe no paso A/S para realizar sobre o novo apoio núm. 4H000005-B e final no paso A/S para realizar sobre o apoio existente núm. 4H000011.

– LMT aérea, a 15 kV, de 3,27 m, en condutor LA-30, coa orixe no apoio existente núm. 4H00011 e final no novo apoio núm. 4H000011-B.

– LMT soterrada, a 15 kV, de 18,74 m de lonxitude, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×95 mm2) Al, coa orixe no paso A/S para realizar sobre o novo apoio núm. 4H000011-B e final no novo CT As Chairas.

– Novo CT prefabricado, compacto, denominado As Chairas, de 100 kVA, e R/T: 15.000/400 V, que substitúe o actual centro de transformación á intemperie Zona Recreativa A Veiga, de 25 kVA (expediente IN407A 2016/109-3) que se desmonta.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), esta dirección territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 16 de xullo de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense