Para cumprir co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial do Estado resulta preceptiva «cando as persoas interesadas nun procedemento sexan descoñecidas, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio convócanse todas as persoas interesadas no acto de redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada Regulamentación LMTA POT810 en apoio 9C63XR9A//D39-2, no concello de Dumbría (expediente IN407A 2024/219-1). Este acto realizarase en primeiro lugar sobre o terreo para a toma de datos e a posterior redacción definitiva das actas nas dependencias da casa do referido concello, segundo o calendario e o horario aproximado que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
Ao acto deberán comparecer as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre os bens afectados por si ou representadas por unha persoa debidamente autorizada. Para iso, deberán exhibir o seu DNI/NIF, así como os documentos acreditativos da titularidade.
A Coruña, 5 de agosto de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2024/219-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: Regulamentación LMTA POT810 en apoio 9C63XR9A//D39-2.
Concello: Dumbría.
|
Predio |
Lugar |
Referencia catastral |
Titularidade |
Data |
Hora |
|
1 |
Navaliño |
15034A028002270000ZZ |
José Manuel Cives |
1.10.2026 |
11.45 |
