DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 18 de agosto de 2026 Páx. 45013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Lugo, polo que se anuncia a redacción das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2025/70-ATE).

Con data do 3 de xuño de 2026 o Departamento Territorial de Lugo ditou resolución, pola que se outorgan á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previas e de construción, e se recoñece, en concreto, a utilidade pública, da instalación eléctrica denominada proxecto para LMTA, CTI, RBTA Guilfrei no concello de Becerreá.

Esta declaración de utilidade pública, segundo o disposto no artigo 54 da Lei 24/2013 do 26 de decembro, do sector eléctrico, implica a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954.

De acordo co anterior, este departamento territorial, en cumprimento do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, resolve convocar todas as persoas afectadas coas cales non se chegou a un acordo, incluídas na relación de bens e dereitos que se insire como anexo a este acordo e que se expón tamén no taboleiro de anuncios do concello de Becerreá deducida da que se someteu a información pública no diario La Voz de Galicia do 8 de decembro de 2025 e no Diario Oficial de Galicia do 11 de decembro de 2025, para que comparezan o día 12 de novembro de 2026 no Concello de Becerreá sinalado como punto de reunión para, de conformidade co procedemento que se establece no citado artigo, levar a cabo o levantamento das actas previas á ocupación.

Desta convocatoria darase traslado aos interesados mediante a oportuna citación individual, na cal se sinalará día e hora para o levantamento das actas previas. Así mesmo, no taboleiro de anuncios do Concello de Becerreá estará exposta a data do levantamento das actas. Todos os interesados, así como as persoas que sexan titulares de calquera clase de dereitos ou intereses sobre os bens afectados, deberán acudir persoalmente ou representados por unha persoa debidamente autorizada, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, podéndose acompañar dos seus peritos e dun notario pola súa conta (artigo 52.3 da Lei de expropiación forzosa).

Así mesmo, advírteselles a todos os interesados que poderán formular alegacións por escrito neste departamento territorial (rolda da Muralla, 70, Lugo) ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados (artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidese realizar (sen prexuízo da correspondente publicación no BOE) e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 27 de xullo de 2026

Gustavo J. Casasola de Cabo
Director territorial de Lugo

ANEXO

Núm. de predio

Polígono

Parcela

Lugar

Cultivo

Propietario

Data das actas

Hora

1

141

769

San Sebastián

Prado

Descoñecido

12.11.26

12.30

2

141

768

Seara

Prado

Descoñecido

3

141

765

San Sebastián

Prado

Manuel Fernández Rodríguez e Marina Valcarce Sarceda

4

141

755

Lindeiro

Prado

Descoñecido

5

141

759

Prado da Porta

Prado

María Teresa Valcarce Álvarez

6

141

758

Horto de Suanzo

Prado

Descoñecido

7

141

760

Prado da Penela

Prado

Descoñecido