DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 18 de agosto de 2026 Páx. 45015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción de instalacións eléctricas no concello da Arnoia (expediente IN407A 2026/038-3).

Visto o expediente para o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción da instalación eléctrica que se describen a seguir, tal e como se recolle no proxecto asinado o 16.4.2026 polo enxeñeiro técnico industrial Emilio Gómez Ramos, colexiado núm. 3.637 do COETIVigo, e visado polo citado colexio profesional o mesmo día co número 22600455.

Solicitante: Electra Alto Miño Distribuidora de Energía, S.L.

Enderezo: polígono Chan da Ponte, 19, 36450 Salvaterra do Miño, Pontevedra.

Denominación: LMT soterrada desde o CPM A Reza ao CT A Reza.

Situación: lugar da Reza, concello da Arnoia.

Orzamento: 8.865,90 €.

Características técnicas:

• LMTS soterrada, a 20 kV, de 65 m de lonxitude, en condutor RHZ1 3×95 Al 18/30 kV, coa orixe na cela de liña a instalar no CPM A Reza e a final no centro de transformación aéreo A Reza existente. E desmonte da LMT aérea existente de alimentación ao centro de transformación A Reza.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro), este departamento territorial

RESOLVE:

Conceder as autorizacións administrativas previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contado a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra esta resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante a conselleira de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Ourense, 22 de xullo de 2026

Jorge Pumar Tesouro
Director territorial de Ourense