No Diario Oficial de Galicia, número 57, do 26 de marzo de 2026, publícase a Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, para o ano 2026 (código de procedemento CT404D).
De conformidade co artigo 15 das bases reguladoras, a resolución será ditada pola persoa titular da Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (D.A. do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG núm. 164, do 29 de agosto) e por proposta do órgano instrutor, segundo o previsto no artigo 14.
Así mesmo, os artigos 10 e 15 das bases establecen que a resolución da convocatoria se publicará no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, y que esta publicación producirá os efectos da notificación.
Polo exposto, tras a presentación das solicitudes, unha vez finalizada a instrución e a fiscalización, e ditada o día 10 de agosto de 2026 a resolución que finaliza o procedemento, da terceira quenda,
RESOLVO:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 10 de agosto de 2026 de concesión da terceira quenda das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, para o ano 2026 (código de procedemento CT404D), que se xunta como anexo desta resolución.
Segundo. Comunicar que a Resolución do 10 de agosto de 2026, de concesión da terceira quenda das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, para o ano 2026, esgota a vía administrativa e contra ela poderase interpor potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Esta resolución tamén poderá ser impugnada directamente ante os tribunais de instancia Sección do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2026
Jacobo Sutil Nesta
Director da Axencia Galega das Industrias Culturais
ANEXO
Resolución do 10 de agosto de 2026 de concesión da terceira quenda das axudas convocadas ao abeiro da Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, para o ano 2026 (código de procedemento CT404D)
«Antecedentes administrativos
1. O día 26 de marzo de 2026, DOG núm. 57, publícase a Resolución do 6 de marzo de 2026 pola que se establecen as bases para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia non competitiva, para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, para o ano 2026 (código de procedemento CT404D).
2. Ata o día 19 de xuño de 2026, da totalidade de solicitudes recibidas entre os días 27 de maio e 19 de xuño de 2026, as completas e verificadas son as once solicitudes que se relacionan no anexo I, nas modalidades expresadas.
3. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais (en diante, Agadic), como órgano instrutor do procedemento de concesión de subvencións, propón subvencionar as solicitudes que se relacionan no anexo II polo importe que se indica, xa que se considera que cumpren todos os requisitos establecidos nas bases da convocatoria para ser subvencionadas.
4. O día 7 de xullo de 2026, o director de Agadic tras a instrución do expediente, ditou unha proposta de resolución de concesión de axuda en que se indica as solicitudes propostas para ser subvencionadas co importe asignado a cada unha delas, tal e como se recolle no anexo II así como as solicitudes que se propoñen para ser desestimadas, por esgotamento do crédito orzamentario na modalidade A, tal como se indica no anexo III. A dita proposta de resolución é elevada á Presidencia do Consello Reitor da Agadic.
Consideracións legais e técnicas
1. É competente para resolver a concesión da axuda o presidente do Consello Reitor de Agadic, de conformidade co disposto no artigo 15.1 da Resolución do 6 de marzo de 2026 que establece que «a Presidencia do Consello Reitor da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012 (DOG número 164), deberá ditar resolución expresa no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución».
2. O artigo 1.6 das bases reguladoras sinala que «o procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, por orde de entrada das solicitudes, ata o esgotamento do crédito orzamentario, de acordo co establecido nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A data de entrada que se considerará para establecer a orde de prelación será a correspondente á última documentación que permita completar a solicitude.
Este procedemento administrativo non comporta o esgotamento de crédito nun só acto, senón que a súa disposición realizarase en actos sucesivos e non se concederán novas axudas unha vez esgotado o crédito con independencia dunha publicación posterior deste aspecto polo órgano xestor, salvo que proceda o previsto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia».
3. Todos os expedientes de solicitudes de subvencións para a promoción exterior da industria audiovisual e dos videoxogos de Galicia, co código de procedemento CT404D, foron tramitados e estudados conforme as bases desta.
4. Como resultado de todo o proceso, o director de Agadic presenta a súa proposta de resolución de conformidade co artigo 14 das bases reguladoras, o día 7 de xullo de 2026.
Por todo o anteriormente exposto, tras examinar a proposta de resolución do director de Agadic, e de conformidade con ela,
RESOLVO:
Admitir as solicitudes que se relacionan no anexo I por cumprir os requisitos establecidos pola convocatoria para a súa valoración.
Conceder a subvención, polos importes que se expresan, ás entidades solicitantes que se relacionan no anexo II.
Desestimar as solicitudes que se relacionan no anexo III por esgotamento do crédito orzamentario na modalidade A.
Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan exercer calquera outro que consideren procedente:
a) Recurso potestativo de reposición ante o presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais. O prazo para interpor o recurso de reposición será dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG. Unha vez transcorrido o devandito prazo, unicamente se poderá interpor recurso contencioso-administrativo, sen prexuízo, de ser o caso, da procedencia do recurso extraordinario de revisión.
b) Recurso contencioso-administrativo ante os tribunais de Instancia Sección do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da resolución.
Esta resolución notificaráselles ás entidades interesadas, de xeito complementario á súa publicación.
Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2026. José Carlos López Campos, presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais.
ANEXO I
Solicitudes recibidas completas e verificadas
|
Data Rex. Agadic |
Núm. Rex. Agadic |
Exp. |
Mod. |
Persoa solicitante |
NIF |
Proxecto |
Foro/Evento |
|
27.5.2026 18.55.00 |
1365400 |
2026CD-041 |
A |
Accidental Films, S.L. |
B16493751 |
Marché du Film-Cannes 2026 |
Marché du Film - Cannes 2026 |
|
27.5.2026 19.03.00 |
1365422 |
2026CD-042 |
A |
Accidental Films, S.L. |
B16493751 |
European Film Market-Berlín 2026 |
European Film Market- Berlín 2026 |
|
1.6.2026 11.37.00 |
1509242 |
2026CD-044 |
A |
Iván López Gimeno |
***3454** |
European Film Market- Berlín 2026 |
European Film Market- Berlín 2026 |
|
1.6.2026 16.51.02 |
1654539 |
2026CD-046 |
A |
OlloVivo, S.L. |
B70490446 |
European Film Market- Berlín 2026 |
European Film Market- Berlín 2026 |
|
1.6.2026 17.23.00 |
1517567 |
2026CD-045 |
B |
Maruxiña Film Company, S.L. |
B70222724 |
Así chegou a noite- Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI) |
Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI) |
|
1.6.2026 18.31.03 |
1655695 |
2026CD-047 |
A |
Serea Producións, S.L. |
B10860708 |
European Film Market- Berlín 2026 |
European Film Market- Berlín 2026 |
|
2.6.2026 00.30.00 |
1095329 |
2026CD-030 |
A |
Sintagma Films, S.L. |
B87174728 |
European Film Market- Berlín 2026 |
European Film Market- Berlín 2026 |
|
4.6.2026 11.05.00 |
1015682 |
2026CD-018 |
A |
Big Rights, S.L. |
B62950886 |
European Film Market- Berlín 2026 |
European Film Market- Berlín 2026 |
|
8.6.2026 19.37.00 |
1345363 |
2026CD-040 |
B |
Filmika Galaika, S.L. |
B70231956 |
As estacións_Festival Internacional de Cine de Guadalajara |
Festival Internacional de Cine de Guadalajara |
|
9.6.2026 14.29.00 |
1305551 |
2026CD-038 |
B |
Testaferro, S.L. |
B56685720 |
No arreglen ni limpien mi habitación, a mí me gusta cómo está -Visions du Réel Nyon -Festival International du Cinema |
Visions du Réel Nyon -Festival International du Cinema |
|
9.6.2026 14.43.00 |
1091684 |
2026CD-029 |
B |
Testaferro, S.L. |
B56685720 |
Lucus - Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI) |
Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI) |
|
9.6.2026 18.29.00 |
1050674 |
2026CD-022 |
B |
Los Desertores Films AIE |
V13676549 |
Sirat-International Film Festival Rotterdam |
International Film Festival Rotterdam |
|
9.6.2026 18.32.00 |
1050650 |
2026CD-021 |
B |
Los Desertores Films AIE |
V13676549 |
Sirat-European Film Awards EFA |
European Film Awards EFA |
|
9.6.2026 18.42.00 |
1050628 |
2026CD-020 |
B |
Los Desertores Films AIE |
V13676549 |
Sirat-Premios Goya |
Premios Goya |
|
10.6.2026 14.17.00 |
1339162 |
2026CD-026 |
A |
Testaferro, S.L. |
B56685720 |
Ventana Sur 2025 |
Ventana Sur 2025 |
|
10.6.2026 14.21.00 |
1063455 |
2026CD-024 |
A |
Testaferro, S.L. |
B56685720 |
European Film Market- Berlín 2026 |
European Film Market- Berlín 2026 |
|
11.6.2026 18.28.14 |
1780340 |
2026CD-048 |
B |
Filmika Galaika, S.L. |
B70231956 |
Krakatoa-International Film Festival Roterdam |
International Film Festival Roterdam |
|
15.6.2026 22.49.00 |
1090887 |
2026CD-028 |
C |
Treboamedia, S.L. |
B01726256 |
Piso 13-Cartoon Movies |
Cartoon Movies |
|
19.6.2026 12.41.00 |
1071519 |
2026CD-025 |
A |
Visioners Entertaiment, S.L. |
B70551874 |
European Film Market- Berlín 2026 |
European Film Market- Berlín 2026 |
ANEXO II
Solicitudes subvencionadas e importe das axudas
|
Data Rex. Agadic |
Núm. Rex.Agadic |
Exp. |
Mod. |
Persoa solicitante |
NIF |
Proxecto |
Foro/Evento |
importe |
|
27.5.2026 18.55.00 |
1365400 |
2026CD-041 |
A |
Accidental Films, S.L. |
B16493751 |
Marché du Film- Cannes 2026 |
Marché du Film- Cannes 2026 |
1.300,00 € |
|
27.5.2026 19.03.00 |
1365422 |
2026CD-042 |
A |
Accidental Films, S.L. |
B16493751 |
European Film Market-Berlín 2026 |
European Film Market -Berlín 2026 |
392,02 € |
|
1.6.2026 11.37.00 |
1509242 |
2026CD-044 |
A |
Iván López Gimeno |
***3454** |
European Film Market - Berlín 2026 |
European Film Market -Berlín 2026 |
1.300,00 € |
|
1.6.2026 16.51.02 |
1654539 |
2026CD-046 |
A |
OlloVivo, S.L. |
B70490446 |
European Film Market-Berlín 2026 |
European Film Market -Berlín 2026 |
883,57 € |
|
1.6.2026 17.23.00 |
1517567 |
2026CD-045 |
B |
Maruxiña Film Company, S.L. |
B70222724 |
Así chegou a noite - Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI) |
Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI) |
1.500,00 € |
|
1.6.2026 18.31.03 |
1655695 |
2026CD-047 |
A |
Serea Producions, S.L. |
B10860708 |
European Film Market - Berlín 2026 |
European Film Market -Berlín 2026 |
1.022,75 € |
|
2.6.2026 00.30.00 |
1095329 |
2026CD-030 |
A |
Sintagma Films, S.L. |
B87174728 |
European Film Market-Berlín 2026 |
European Film Market -Berlín 2026 |
1.192,45 € |
|
8.6.2026 19.37.00 |
1345363 |
2026CD-040 |
B |
Filmika Galaika, S.L. |
B70231956 |
As estacións_Festival Internacional de Cine de Guadalajara |
Festival Internacional de Cine de Guadalajara |
1.500,00 € |
|
9.6.2026 14.29.00 |
1305551 |
2026CD-038 |
B |
Testaferro, S.L. |
B56685720 |
No arreglen ni limpien mi habitación, a mí me gusta cómo está-Visions du Réel Nyon-Festival International du Cinema |
Visions du Réel Nyon -Festival International du Cinema |
2.000,00 € |
|
9.6.2026 14.43.00 |
1091684 |
2026CD-029 |
B |
Testaferro, S.L. |
B56685720 |
Lucus - Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI) |
Buenos Aires Festival Internacional de Cine Independiente (BAFICI) |
1.000,00 € |
|
9.6.2026 18.29.00 |
1050674 |
2026CD-022 |
B |
Los Desertores Films AIE |
V13676549 |
Sirat - International Film Festival Rotterdam |
International Film Festival Rotterdam |
2.500,00 € |
|
9.6.2026 18.32.00 |
1050650 |
2026CD-021 |
B |
Los Desertores Films AIE |
V13676549 |
Sirat - European Film Awards EFA |
European Film Awards EFA |
10.000,00 € |
|
9.6.2026 18.42.00 |
1050628 |
2026CD-020 |
B |
Los Desertores Films AIE |
V13676549 |
Sirat - Premios Goya |
Premios Goya |
2.500,00 € |
|
11.6.2026 18.28.14 |
1780340 |
2026CD-048 |
B |
Filmika Galaika, S.L. |
B70231956 |
Krakatoa - International Film Festival Roterdam |
International Film Festival Roterdam |
2.500,00 € |
|
15.6.2026 22.49.00 |
1090887 |
2026CD-028 |
C |
Treboamedia, S.L. |
B01726256 |
Piso 13 - Cartoon Movies |
Cartoon Movies |
1.244,94 € |
ANEXO III
Solicitudes desestimadas por esgotamento do crédito na modalidade A
|
Data Rex. Agadic |
Núm. Rex. Agadic |
Exp. |
Mod. |
Persoa solicitante |
NIF |
Proxecto |
Foro/Evento |
|
4.6.2026 11.05.00 |
1015682 |
2026CD-018 |
A |
Big Rights, S.L. |
B62950886 |
European Film Market- Berlín 2026 |
European Film Market- Berlín 2026 |
|
10.6.2026 14.17.00 |
1339162 |
2026CD-026 |
A |
Testaferro, S.L. |
B56685720 |
Ventana Sur 2025 |
Ventana Sur 2025 |
|
10.6.2026 14.21.00 |
1063455 |
2026CD-024 |
A |
Testaferro, S.L. |
B56685720 |
European Film Market- Berlín 2026 |
European Film Market- Berlín 2026 |
|
19.6.2026 12.41.00 |
1071519 |
2026CD-025 |
A |
Visioners Entertaiment, S.L. |
B70551874 |
European Film Market- Berlín 2026 |
European Film Market- Berlín 2026 |
