Logo de advertir un erro na publicación do extracto da citada orde no Diario Oficial de Galicia número 149, do 10 de agosto de 2026, é necesario efectuar a seguinte corrección:
Na páxina 43832, na epígrafe da letra a) do punto primeiro. Entidades beneficiarias, onde di: «No suposto en que a creación da nova unidade de atención temperá de xestión individual sexa promovida por un concello que formase parte dunha unidade de atención temperá de xestión compartida subvencionada pola anterior Orde do 27 de xuño de 2024, exixirase que este conte no seu ámbito territorial cun censo mínimo de 500 menores de 0-6 anos, segundo a cifra de poboación na data do 1 de xaneiro de 2025 (fonte Instituto Galego de Estatística)», debe dicir: «No suposto de que a creación da nova unidade de atención temperá de xestión individual sexa promovida por un concello que formase parte dunha unidade de atención temperá de xestión compartida subvencionada pola anterior Orde do 27 de xuño de 2024, exixirase que este conte no seu ámbito territorial cun censo mínimo de 400 menores de 0 a 6 anos, segundo a cifra de poboación a 1 de xaneiro de 2025 (fonte Instituto Galego de Estatística)».
