DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 18 de agosto de 2026 Páx. 44987

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social e Igualdade

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 22 de xullo de 2026 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para a prestación de servizos no marco da Rede galega de atención temperá nos anos 2026 a 2028, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027, e se procede á súa convocatoria (código de procedemento BS700A).

Logo de advertir un erro na publicación da citada orde no Diario Oficial de Galicia número 149, de 10 de agosto de 2026, é necesario efectuar a seguinte corrección:

Na páxina 43774, na epígrafe da letra a) do número 1 do artigo 6. Entidades beneficiarias e tipo de xestión, onde di: «No suposto en que a creación da nova unidade de atención temperá de xestión individual sexa promovida por un concello que formase parte dunha unidade de atención temperá de xestión compartida subvencionada pola anterior Orde do 27 de xuño de 2024, exixirase que este conte no seu ámbito territorial cun censo mínimo de 500 menores de 0-6 anos, segundo a cifra de poboación na data do 1 de xaneiro de 2025 (fonte Instituto Galego de Estatística)», debe dicir: «No suposto de que a creación da nova unidade de atención temperá de xestión individual sexa promovida por un concello que formase parte dunha unidade de atención temperá de xestión compartida subvencionada pola anterior Orde do 27 de xuño de 2024, exixirase que este conte no seu ámbito territorial cun censo mínimo de 400 menores de 0 a 6 anos, segundo a cifra de poboación a 1 de xaneiro de 2025 (fonte Instituto Galego de Estatística)».