DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 18 de agosto de 2026 Páx. 45035

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Barco de Valdeorras

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público do ano 2026.

A Alcaldía do Concello do Barco de Valdeorras, mediante o Decreto núm. 2026-1381, do 27 de xullo de 2026 e publicado integramente no taboleiro de anuncios e no Portal de transparencia, aloxados ambos na sede electrónica do Concello (https://sede.concellodobarco.gal), acordou aprobar a oferta de emprego público do ano 2026 do Concello do Barco de Valdeorras incluíndo as seguintes prazas vacantes:

A. Funcionarios de carreira:

A.1. Funcionarios da Administración xeral:

Dúas prazas de funcionario de carreira, escala da Administración xeral, subescala administrativa (2 prazas). Das dúas prazas unha cubrirase polo procedemento de promoción interna e outra mediante quenda libre.

O prazo máximo para a convocatoria do proceso de promoción interna será o 31 de decembro de 2026 e deberá rematar o proceso no prazo máximo de tres anos desde a publicación da oferta de emprego público. O sistema selectivo será o concurso oposición, restrinxida aos funcionarios de carreira do Concello do Barco de Valdeorras.

O prazo máximo para a convocatoria do proceso de selección en quenda libre será o 31 de decembro de 2028 e deberá rematar o proceso no prazo máximo de tres anos desde a publicación da oferta de emprego público. O sistema selectivo será a oposición.

A.2. Funcionarios do corpo de policía local:

– 1 praza de funcionario de carreira, escala básica, categoría policía, denominación policía local, integradas no grupo C, subgrupo C1.

A Academia Galega de Seguridade Pública realizará a selección segundo o Convenio para a asunción pola Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia da convocatoria e desenvolvemento dos procesos selectivos unitarios para o acceso ás diferentes categorías dos corpos da policía local e das prazas de auxiliares de policía local e das prazas de vixilantes municipais entre a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia e o Concello do Barco de Valdeorras, asinado o 18 e o 20 de marzo de 2026, e deberá rematar o proceso no prazo máximo de tres anos desde a publicación da oferta de emprego público.

B. Persoal laboral.

– 1 praza de persoal laboral fixo-descontinuo, denominada peón de parques e xardíns. A selección realizarase en quenda libre e mediante o sistema de concurso oposición. O prazo máximo para a convocatoria do proceso de selección será o 31 de decembro de 2028 e deberá rematar o proceso no prazo máximo de tres anos desde a publicación da oferta de emprego público.

De acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición no prazo dun mes desde esta publicación ante o alcalde, ou un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante os xulgados do contencioso-administrativo de Ourense.

O Barco de Valdeorras, 28 de xullo de 2026

Aurentino Alonso Araujo
Alcalde