DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 19 de agosto de 2026 Páx. 45350

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social e Igualdade

ANUNCIO do 17 de xullo de 2026, do Departamento Territorial de Vigo, polo que se notifica a resolución ditada no expediente 2017/245-36.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, a través deste anuncio, que se publicará no Boletín Oficial del Estado, emprázase a persoa citada no anexo para proceder á notificación da resolución ditada no expediente instruído que se relaciona no dito anexo, de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código civil e demais normativa de aplicación, por non ser posible a notificación no último domicilio que consta no dito expediente tramitado no Departamento Territorial de Vigo.

Para o coñecemento íntegro da resolución, a persoa interesada, por si mesma ou a través da persoa que legalmente a represente, poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica do Departamento Territorial en Vigo da Consellería de Política Social e Igualdade, na rúa Concepción Arenal núm. 8, 1º andar, en Vigo, de luns a venres laborables e das 9.00 ás 14:00 horas. Transcorrido o prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida no momento do vencemento do dito prazo establecido para comparecer.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a notificación quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Advírtese que, en virtude do artigo 172.2 do Código Civil e tendo en conta que transcorreu o prazo de dous anos desde a notificación da resolución pola que se declarou a situación e se estableceu a medida administrativa, decaeu o dereito das persoas interesadas a se opoñeren ás decisións ou medidas adoptadas. Non obstante, poderán facilitar información á entidade pública e ao Ministerio Fiscal sobre calquera cambio nas circunstancias que deron lugar á declaración e ao establecemento da medida administrativa, e unicamente o Ministerio Fiscal estará lexitimado para opoñerse á resolución da entidade pública.

Vigo, 17 de xullo de 2026

María Ángeles Rouco Fernández
Directora territorial de Vigo

ANEXO

Núm. de expediente: 2017/245-36.

Persoa interesada: X5133770D.

Acto que se notifica: Resolución administrativa do 5 de maio de 2026.

Efectos xurídicos que produce a resolución: mantemento da medida administrativa.