Expediente: IN407A 2026/115-1.
Solicitante/promotor: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación: Proxecto para LMT peche SCY822-CBL707B, substitución CT e reforma RBT Tordoia e Val do Dubra.
Concellos: Tordoia e Val do Dubra.
1. Características técnicas:
Proxéctase a substitución dos seguintes CT:
• Casas Novas (15AE47), con APM de industria 50705, cunha potencia de 100 kVA.
• Albaxeira (15AKBY), con APM de industria 268/09, cunha potencia de 50 kVA.
• Vilar Rebordelos (15AE19), con APM de industria 50216-RALI, cunha potencia de 100 kVA.
• Rebordelos (15AVR4), con APM de industria IN407A 2016/114-1-RALI, cunha potencia de 50 kVA.
• Brandoñas (15AE20), con APM de industria 50722, cunha potencia de 100 kVA.
• Riveiro (15AE45), con APM de industria 51168, cunha potencia de 50 kVA.
• Vilasal (15AE46), con APM de industria 50705, cunha potencia de 50 kVA.
Desmantelamento do CT Anxeriz (15CE22), con APM de industria IN407A 2016/987-1 (RALI), cunha potencia de 400 kVA. No seu lugar proxéctase a instalación dun centro de transformación compacto de 400 kVA alimentado pola liña de media tensión CBL707B a 15 kV procedente da subestación Carballo (afección de 16,81 m2).
Nova LMTS entre o PAS por instalar no apoio proxectado C-1000/16 e o centro de seccionamento proxectado polo concello de Tordoia. Substitución do van anterior ao apoio proxectado C-1000/16, en condutor LA-56 e retensado do van posterior.
(LMTS) en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240), entre o PAS proxectado no apoio existente A1DNR8DQ//161-79 e o centro de transformación proxectado.
Desmantelamento dun tramo da liña SCY822 (expediente 513/07) en condutor LA-56 e substitución do apoio A1NBJ01C//161-20 por un novo apoio de tipo C-1000/12 (afección de 2 m2).
2. Lexislación de aplicación:
• Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).
• Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (DOG núm. 39, do 26 de febreiro).
• Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).
• Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).
• Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).
A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.
A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.
A documentación estará á disposición das persoas interesadas nas dependencias da Sección de Enerxía do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña (rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña), entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, así como no taboleiro de anuncios do concello. Ademais, poderá consultarse no Portal de transparencia e Goberno aberto desta consellería:
https://economia.xunta.gal/transparencia/informacion-publica/en-tramitacion/instalacions-electricas-distribucion-e-transporte
Isto faise público para coñecemento xeral e particular das persoas propietarias dos predios que figuran na relación anexa a este acordo, así como das persoas titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados que fosen omitidos. Poderán examinar a documentación técnica e de ser o caso, achegar as alegacións ou observacións que xulguen axeitadas no prazo de 30 días, contados a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.
A Coruña, 27 de xullo de 2026
Isidoro Martínez Arca
Director territorial da Coruña
ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados
Concello de Tordoia:
|
Nº de parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
|
|
Apoio nº |
m2 |
||||
|
2 |
Pedra Salgueira 15085A006000210000RK |
Urbana |
María Jesús Fernández Brandón |
CT caseta proxectado |
16.81 |
Concello de Val do Dubra:
|
Nº de parcela |
Lugar Referencia catastral |
Cultivo |
Titular |
Afección de solo en pleno dominio |
|
|
Apoio nº |
m2 |
||||
|
1 |
Cortiñas 15089A510001470000LP |
Rústico Agrario |
María Cancela Cambón |
Apoio proxectado 1 |
2.0 |
