DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 20 de agosto de 2026 Páx. 45947

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baiona

ANUNCIO da convocatoria para a selección dun/dunha técnico/a de turismo, persoal laboral, correspondente á oferta de emprego público de 2023.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 143, do 29 de xullo de 2026, publicáronse as bases reguladoras do proceso de selección dun/dunha técnico/a de turismo, persoal laboral (oferta de emprego público de 2023) (expediente 2883/2024).

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nelas.

Baiona, 29 de xullo de 2026

Jesús Vázquez Almuíña
Alcalde