DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Xoves, 20 de agosto de 2026 Páx. 45948

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de oferta de emprego 2026.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 5 de agosto de 2026, aprobouse a oferta de emprego público deste concello que contén as prazas que se citan a seguir:

Persoal laboral fixo:

– Peón: unha praza vacante da escala de peón.

– Terapeuta ocupacional: unha praza vacante no Servizo de Atención Temperán.

– Psicóloga/o: unha praza vacante no Servizo de Atención Temperán.

– Enfermeira/o: unha praza vacante no Servizo de Atención Temperán.

– Logopeda: unha praza vacante no Servizo de Atención Temperán.

Esta información faise pública en cumprimento do disposto no artigo 91.1 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; no artigo 204 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia; e no artigo 128 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, polo que se aproba o texto refundido das disposicións vixentes en materia de réxime local.

Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente un recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes, que se contará desde o seguinte ao da súa publicación, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo perante a Sección do Contencioso-Administrativo do Tribunal de Instancia de Lugo durante o prazo de dous meses, que se contarán a partir do seguinte ao da referida publicación, sen prexuízo de que se poida interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Friol, 13 de agosto de 2026

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde