DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 21 de agosto de 2026 Páx. 46046

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

EXTRACTO da Resolución do 4 de agosto de 2026 pola que se procede á convocatoria do Programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas áreas de rehabilitación integral dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra para o ano 2026 (código de procedemento VI408Q).

BDNS (Identif.): 925651.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

https://www.infosubvenciones.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/925651

Primeiro. Persoas e entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións:

a) As comunidades de persoas propietarias e as agrupacións de comunidades de persoas propietarias constituídas conforme o disposto polo artigo 5 da Lei 49/1960, do 21 de xullo, de propiedade horizontal.

b) As agrupacións de persoas propietarias.

c) As persoas físicas propietarias o usufrutuarias de edificios ou vivendas.

Será requisito necesario para poder solicitar a axuda estar en posesión da cualificación definitiva.

Segundo. Obxecto

1. Estas subvencións están dirixidas a financiar as actuacións de rehabilitación ou renovación nas áreas de rehabilitación integral (en diante, ARI) dos Camiños de Santiago e da Ribeira Sacra (código de procedemento VI408Q).

2. A concesión das subvencións recollidas nesta resolución tramitarase polo procedemento de concorrencia non competitiva, ata esgotar o crédito dispoñible previsto na convocatoria, de acordo co sinalado no punto un do ordinal quinto da Resolución do 23 de outubro de 2023, e no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

1. As subvencións deste programa rexeranse polas bases reguladoras contidas na Resolución do 23 de outubro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 22 de marzo de 2022 pola que se acorda ampliar ata o 30 de xuño de 2025 o prazo para presentar as solicitudes de cualificación provisional e de cualificación definitiva para actuacións de rehabilitación de edificios e vivendas no ámbito das ARI dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, no marco do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan de vivenda 2018-2021 (códigos de procedemento VI408F, VI408G, VI408L e VI408M), e pola que se regula o procedemento para participar no programa de axudas ás actuacións de rehabilitación e renovación nas ARI dos Camiños de Santiago, do Parque Nacional das Illas Atlánticas e da Ribeira Sacra, se establecen as bases reguladoras das subvencións correspondentes ás citadas ARI e se procede a súa convocatoria para o ano 2023 (códigos de procedemento VI408O, VI408P e VI408Q), publicada no Diario Oficial de Galicia (en diante, DOG) do 30 de outubro de 2023.

2. En todo o non recollido nas bases reguladoras e nesta resolución será de aplicación a seguinte normativa:

a) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

b) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

c) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Na falta do previsto nesta normativa, aplicaranse as normas de dereito administrativo, así como as normas de dereito privado ou outras de ámbito nacional ou europeo que puidesen resultar aplicables.

Cuarto. Crédito orzamentario

1. As axudas previstas nesta convocatoria faranse efectivas con cargo á aplicación orzamentaria 11.81.451A.780.3 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2026, por un importe total de 2.830.000,00 euros, coa seguinte distribución por ARI:

ARI Camiños de Santiago

2.030.000,00 euros

ARI Ribeira Sacra

800.000,00 euros

Total

2.830.000,00 euros

2. No suposto de existir remanente nalgunha das ARI, poderase utilizar para financiar solicitudes da outra ARI, de acordo co previsto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. A contía establecida nesta convocatoria poderá ser obxecto de ampliación por resolución ditada pola persoa titular da Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS), que terá efecto logo da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 30 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes e comezará a contar unha vez transcorridos cinco días hábiles desde o seguinte ao da publicación desta resolución no DOG. No suposto de que o primeiro día do prazo sexa inhábil, o prazo comezará o primeiro día hábil seguinte.

Entenderase como último día do prazo de presentación de solicitudes o correspondente ao mesmo ordinal do día en que, de conformidade co punto anterior, comece o prazo de presentación de solicitudes. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día.

En todo caso, o prazo rematará no momento do esgotamento do crédito orzamentario. Este esgotamento, en caso de producirse antes do último día do prazo de presentación de solicitudes, farase público no DOG mediante resolución da persoa titular da dirección xeral do IGVS.

2. As solicitudes poderán presentarse desde as 9.00 horas do primeiro día de inicio do prazo ata ás 14.00 horas do último día do prazo. Este prazo poderá ser ampliado mediante resolución da persoa titular da Dirección Xeral do IGVS, que deberá ser publicada no DOG.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2026

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo