DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 21 de agosto de 2026 Páx. 46177

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 10 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo ao Plan especial de infraestruturas e dotacións para un centro de equitación, no concello de Abegondo (expediente 2026AAE3100).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, formulado o 7 de agosto de 2026, sobre o Plan especial de infraestruturas e dotacións para un centro de equitación, no concello de Abegondo.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2026AAE3100).

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2026

A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
P.D. (Acordo do 29.7.2026)
Isabel María González Lechuga
Subdirectora xeral de Residuos e Economía Circular