DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Venres, 21 de agosto de 2026 Páx. 46176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

ANUNCIO do 10 de agosto de 2026, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, do informe ambiental estratéxico relativo á modificación puntual número 2 do Plan xeral de ordenación municipal de Vilaboa para a implantación dun equipamento público e a recualificación de tres parcelas para tanatorio, no concello de Vilaboa (expediente 2025AAE3019).

De acordo co previsto na Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, faise público o informe ambiental estratéxico, formulado o 7 de agosto de 2026, sobre a modificación puntual núm. 2 do Plan xeral de ordenación municipal de Vilaboa para a implantación dun equipamento público e a recualificación de tres parcelas para tanatorio, no concello de Vilaboa.

Este informe ambiental estratéxico pódese consultar no seguinte enderezo da internet: https://medioambiente.xunta.gal/busca-por-palabra-clave (expediente 2025AAE3019).

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2026

A directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
P.D. (Acordo do 29.7.2026)
Isabel María González Lechuga
Subdirectora xeral de Residuos e Economía Circular