Na sesión plenaria ordinaria que tivo lugar o día 28 de xullo de 2026, aprobouse inicialmente a modificación puntual número 3 do Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Ponteareas, que contén a ordenación detallada do ámbito do solo urbanizable SURBZ-T-01, promovida por Alfonso Botana, S.L., e conforme á documentación elaborada pola empresa Estudio Técnico Gallego, S.A., composta polos seguintes documentos:
• Documento en formato non editable 36042_MP03PXOM_202605_AI_01PDF.
• Documento en formato editable 36042_MP03PXOM_202605_AI_01PDF.zip.
• Declaración responsable do equipo redactor segundo o modelo do anexo 9.
De conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (LSG), e no seu regulamento de desenvolvemento, acórdase someter esta modificación puntual a información pública durante un prazo de dous (2) meses, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante este período, as persoas interesadas poderán presentar alegacións, suxestións ou calquera outra documentación que consideren oportuna en relación co instrumento ou co expediente sometido a información pública.
O anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia terá efectos de notificación nos termos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, para todas aquelas persoas propietarias ou interesadas directamente afectadas que, por seren descoñecidas ou por ignorarse o seu domicilio, non puidesen ser notificadas de maneira individual, ou ben, intentada a notificación persoal, esta non se puidese efectuar.
Así mesmo, e en cumprimento do artigo 47 da LSG e do artigo 86 do seu regulamento, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición dentro do ámbito afectado pola modificación puntual. A suspensión terá unha duración de dous anos, contados desde a aprobación inicial, e extinguirase en todo caso coa aprobación definitiva da modificación.
O expediente completo estará á disposición das persoas interesadas no Departamento de Urbanismo do Concello de Ponteareas, das 8.30 ás 13.30 horas, de luns a venres (agás festivos), así como electrónicamente a través do Portal de transparencia do Concello, na ligazón https://ponteareas.sedelectronica.gal/transparency premendo na lapela 7. Urbanismo, obras públicas e ambiente.
Ponteareas, 29 de xullo de 2026
María Nava Castro Domínguez
Alcaldesa
