Logo de aprobado inicialmente o Plan parcial do ecoparque empresarial por acordo da Xunta de Goberno Local do 27 de xullo de 2026, de conformidade co disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 186.1.a) do regulamento da citada lei, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese o expediente a información pública por un prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, a documentación estará dispoñible para a súa consulta na sede electrónica do Concello de Soutomaior (http://soutomaior.sedelectronica.es).
Durante o citado prazo, o expediente poderá ser examinado por calquera persoa interesada nas dependencias municipais, co fin de formular as alegacións que considere oportunas, ou solicitar unha copia da documentación.
De conformidade co disposto na lexislación urbanística vixente, acórdase igualmente a suspensión do outorgamento de licenzas urbanísticas no ámbito afectado polo plan parcial, co seguinte alcance:
1. Ámbito afectado pola suspensión: a totalidade do ámbito de solo urbanizable industrial IND-1, delimitado polo Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Soutomaior.
2. Licenzas afectadas: licenzas de parcelamento de terreos, edificación e demolición.
3. Duración da suspensión: dous anos, e extinguirase automaticamente coa aprobación definitiva do plan parcial se esta tivese lugar con anterioridade.
Soutomaior, 30 de xullo de 2026
Manuel A. Lourenzo Sobral
Alcalde
